Compostela no corazón

BONOS CORAZÓN
COMPOSTELA 2023

Descarga os bonos e consigue ata 60 € para as túas compras no comercio e hostalería local

Compostela no corazón

1. QUE SON OS BONOS CORAZÓN Compostela?

O programa de Bonos Corazón Compostela é unha iniciativa do Concello de Santiago para incentivar a actividade económica mediante o cofinanciamento de bonos para o consumo no comercio e na hostalería local.

2. COMO FUNCIONAN OS BONOS?

Cada cliente poderá descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído) cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante, esto é: 20 € ponos o Concello e 30 € a persoa usuaria.

O importe dos bonos irase consumindo nas compras de bens ou de servizos que se realicen nos establecementos adheridos ao programa antes do 22 de decembro de 2023, ata esgotar o saldo.

Comercios

3. QUEN PODE ADHERIRSE AO PROGRAMA?

Todos os establecementos comerciais e de hostalería (pemes ou autónomos) que teñan a sede da súa actividade no municipio de Santiago de Compostela e cumpran, ademáis, os seguintes requisitos:

  • Que teñan unha superficie de venda, incluídos todos os espazos de atención ao público, inferior aos 500 metros cadrados. Quedan excluídos de este requirimento os establecementos de hostalería.
  • Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no Anexo I.

4. COMO SUMARSE AO PROGRAMA?

Entra aquí e rexistra o teu negocio indicando os seus datos.

5. COMO SE REALIZARÁ O COBRO DOS BONOS?

As persoas beneficiarias dos bonos pagarán as súas compras no establecemento cun código QR a través da aplicación do programa.

Os comerciantes e hostaleiros adheridos ao programa recibirán semanalmente, na conta bancaria indicada para tal efecto na inscrición, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu negocio.

O importe máximo que poderá trocar cada establecemento é de 15.000,00 € (IVE incluído). Este límite máximo vai referido á parte subvencionada polo Concello (é dicir o 40% do bono), non ao importe total da venda.

A través da plataforma do programa, cada negocio asociado poderá consultar o seu histórico de vendas, os pagamentos realizados e demáis detalles de cada operación.

6. CANDO FINALIZA O PRAZO PARA ADHERIRSE AO PROGRAMA?

O prazo de adhesión manterase aberto ata o 4 de decembro de 2023, pero rexístrate xa para que os teus clientes poidan trocar os seus bonos canto antes!



Material promocional

Clientes

3. COMO SOLICITAR OS bonos?

Entra aquí e rexístrate indicando os teus datos. Unha vez validada a solicitude e verificada a achega do cofinanciamento, poderás descargar os teus bonos en formato dixital a través dun código QR que estará dispoñible para a súa utilización na APP Wallet. Se prefires solicitalos de maneira presencial, deberás pedir unha cita a través do enderezo de email comercio@santiagodecompostela.gal ou no teléfono 981 542 492.

4. QUEN PODE OBTER OS BONOS?

Calquera persoa pode beneficiarse do programa. Non é preciso que estea empadroada en Santiago. O único requisito é ser maior de idade.

5. ATA CANDO SON VÁLIDOS OS BONOS?

Tes de prazo ata o 22 de decembro de 2023 inclusive, salvo esgotamento previo do seu saldo. Rematado o período de validez, o bono non trocado caducará. A caducidade do bono leva consigo a perda da totalidade do saldo remanente non consumido, sen poder instar a súa devolución.

6. COMO TROCAR OS BONOS?

No momento de pagar deberás presentar o teu bono a través da aplicación móbil do programa. O importe de cada compra ou servizo adquirido irase descontando do saldo inicial de 50 €. Podes esgotalo nun só acto de consumo ou en varios, no mesmo ou en diferentes establecementos adheridos.

7. ONDE SE PODE MERCAR COS BONOS?

A listaxe de establecementos comerciais e de hostalería adheridos ao programa será publicada aquí co seu nome e localización.

Así mesmo, todos lucirán no exterior carteis e adhesivos coa imaxe do programa para indicar que alí podes trocar os teus bonos.

8. QUE OCORRE EN CASO DE DEVOLUCIÓN DOS BENS COMPRADOS?

Nese caso, podes aplicar o importe do bono a outra compra de prezo igual ou superior ou trocalo por un vale sen caducidade. Non está permitido devolver en efectivo nin a través de tarxeta de crédito importes pagados cos bonos.