O programa de Bonos Corazón Concheiros é unha iniciativa do Concello de Santiago que ten por obxectivo incentivar a actividade económica mediante o cofinanciamento de bonos para o consumo no comercio e na hostalería da rúa dos Concheiros e da contorna.
Cada cliente poderá descargar ata 3 bonos cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante. Hai tres tipos dispoñibles:
Cadaquén poderá escoller libremente entre calquera das 3 modalidades, sendo posible solicitar máis dun bono da mesma clase.
O importe dos bonos irase consumindo nas compras de bens ou de servizos realizadas nos establecementos adheridos ao programa antes do 31 de maio de 2022, ata o esgotamento do saldo.
Todos os establecementos comerciais e de hostalería (pemes ou autónomos) que desenvolven a súa actividade nalgunha das rúas enumeradas no Anexo I das bases desta convocatoria (contorna rúa dos Concheiros).
Entra aquí e rexistra o teu negocio indicando os seus datos, consulta os IAE que poden adherirse.
As persoas beneficiarias dos bonos realizarán o pago das súas compras no establecemento cun código QR a través da aplicación do programa.
Os negocios recibirán semanalmente o importe equivalente aos bonos trocados a través da conta indicada no proceso de inscrición.
O límite máximo de bonos para trocar nun establecemento está fixado en 15.000 euros (IVE incluído). A través da plataforma do programa, cada negocio asociado poderá consultar o seu histórico de vendas, os pagamentos realizados e demáis detalles de cada operación.
Entra aquí e rexístrate indicando os teus datos. Unha vez validada a solicitude e verificada a achega do cofinanciamento, poderás descargar os teus bonos en formato dixital a través dun código QR que estará dispoñible para a súa utilización na APP Wallet. Se prefires solicitalos de maneira presencial, deberás pedir unha cita a través do enderezo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal ou no teléfono 981 542 492.
Calquera persoa pode beneficiarse do programa. Non é preciso que estea empadroada en Santiago. O único requisito é ser maior de idade.
Tes de prazo ata o 31 de maio de 2022. Nese momento o bono non trocado caduca e pérdese o saldo non consumido.
No momento de pagar deberás presentar o teu bono Corazón Concheiros a través da aplicación móbil do programa. O importe de cada compra ou servizo adquirido irase descontando do saldo inicial de 75, 50 ou 30 €. Podes esgotalo nun só acto de consumo ou en varios, no mesmo ou en diferentes establecementos adheridos.
A listaxe de establecementos comerciais e de hostalería adheridos ao programa será publicada aquí co seu nome e localización.
Así mesmo, todos lucirán no exterior carteis e adhesivos coa imaxe do programa para indicar que alí podes trocar os teus bonos.
Nese caso, podes aplicar o importe do bono a outra compra de prezo igual ou superior ou trocalo por un vale sen caducidade.